Monday 16 de September de 2024

Unha media de máis de setenta persoas participaron nas andainas polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia


Abertas as inscricións para a cuarta etapa, que terá lugar o domingo 16 de xuño entre Outes e Noia

Unha media de máis de setenta persoas participaron estes dous últimos domingos nas dúas etapas na andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello de Lousame. O tempo acompañou, polo que os camiñantes desfrutaron dos dous itinerarios: Muros-Esteiro (aprazado no seu día polo mal tempo ao 12 de maio) e Esteiro-Outes (este domingo 19 de maio).

As andainas estiveron encabezadas polo presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; quen estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; e polo concelleiro de Seguridade Viaria, José Antonio Ces Barreiro.

A próxima andaina terá lugar o vindeiro 16 de xuño: 16 quilómetros entre Outes e Noia. A saída está programada para as 9:00 horas dende a estación de autobuses de Noia e o prezo será o mesmo que o das anteriores edicións: 5 euros por persoa a aboar o día mesmo da camiñata. As persoas que desexen participar poden anotarse en www.bandoticket.com ou chamando ao Club de Xubilados de Lousame (653 22 16 55).